Termos e condicións

PROCESO DE COMPRA:

Unha vez localizado o produto desexado tan só haberá que incorporalo ao carriño da compra facendo clic no botón "Engadir ao carriño". Ao facelo poderá continuar comprando ou tramitar o seu pedido. 

Unha vez seleccionados todo os produtos que desexe comprar, facendo clic no botón "Confirmar"  iniciará o proceso de compra:

  • Se xa é cliente: deberá rexistrarse no sistema introducindo os seus datos de usuario e contrasinal
  • Se é un novo cliente: deberá darse de alta para o cal chega con cubrir os datos solicitados nuns sinxelos pasos.


Finalizará o proceso indicando os datos de facturación e envío, seleccionando a continuación a forma de pago que prefira.

MÉTODOS DE PAGO DISPOÑIBLES:

a) Transferencia bancaria.

b) Tarxeta de Crédito/Débito


ENVÍO:

O envío realizarase a través dunha empresa de transporte. En todo o proceso de envío respetaranse as condicións óptimas para o transporte e conservación do produto en perfectas condicións.

Non se servirán pedidos en apartados de correos.

Non se realizarán envíos fóra do territorio peninsular.

PRAZOS DE ENTREGA:

O prazo de entrega será de 3 días laborais, sempre que o produto esté dispoñible en stock.

Para pagos mediante transferencia bancaria o prazo de entrega establecerase a partir da data de recepción do xustificante da transacción.

Se algún dos produtos seleccionados non se puidera servir contactarse directamente co cliente para acordar unha solución.

DEVOLUCIÓNS OU CAMBIOS

O prazo máximo para solicitar a devolución son 14 días desde a recepción do pedido.

A solicitude pódese realizar a través de correo electrónico  ivarela@proquiber.es ou por teléfono 981 732 830 (de luns a venres de 10:00h a 13:30h. e de 17:00h a 20:30h), indicando a referencia do pedido e a incidencia correspondente.

MOTIVOS DE DEVOLUCIÓN:

  • O produto entregado non é satisfactorio. Pode devolvelo a través de mensaxeiro. Reembolsarase o importe do produto pero non os gastos de envío.
  • Produto defectuoso ou non se corresponde co pedido. Proquiber S.L.  correrá cos cargos de recollida e envío do produto correcto , sempre e cando os produtos non foran consumidos total ou parcialmente.

Non se aceptarán devolucións de produtos sen a súa embalaxe nin etiquetas orixinais.

Para a súa devolución o produto debe encontrarse en perfecto estado e sen ter sido usado, acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios.


MÁS INFORMACIÓN

Se precisa máis información pode contactar con nós no teléfono 981 732 830 ou no correo electrónico ivarela@proquiber.es.