FAQS

Que podo facer cando teño a piscina verde?

Isto débese a un desaxuste tanto no PH como no cloro. Para solucionalo deberase restablecer os valores de PH, entorno a 7, e facer unha cloración de choque duns 50 gr por m3. 



A auga da piscina está turbia. A que pode deberse?

Nestes casos débese comprobar o nivel de carga do filtro e recargalo se é preciso. 



A que poden deberse as manchas verdes nas paredes da piscina?

Isto é debido a que temos proliferación de algas na piscina. Podemos solucionalo axustando o PH, entorno a 7, e subindo o cloro a niveis de 1.5 ppm.